As dúas viveirenses foron premiadas na categoría de debuxo, concretamente, Sofiya Insua Evtyukova, de 7 anos e do CEP Lois Tobío, logrou o primeiro premio da categoría ata 8 anos. Doutra banda, Elena Rivera Díaz, do mesmo centro escolar e de 10 anos de idade, era a segunda clasificada na categoría de 9 a 11 anos.
“Queremos felicitar a estas nenas polo seu traballo e sobre todo animalas a que continúen desenvolvendo o seu talento no debuxo. Agradecemos ademais a implicación de todos os participantes, cuxo esforzo implica un impulso á cultura”, afirma Lara Fernández Fernández Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
A edil tamén enxalzou o traballo da Biblioteca Municipal de Viveiro, que recoñecía na fase local os mellores traballos da vila. Esta selección pasou á fase provincial, entre eles os dous finalmente premiados.
Ambas rapazas recibirán cadanseu premio nun acto que se celebrará no salón de actos da Biblioteca de Lugo, o vindeiro martes 15 de xuño.
Por último, dada a actual evolución da situación epidemiolóxica, o Concello de Viveiro decidiu entregar fisicamente os premios das fases locais dos certames de debuxo e narración de Nadal e das Letras Galegas. Os cativos e cativas gañadores recibirán os seus premios o vindeiro 18 de xuño na sala multiusos do Concello, ás 18:00 os do certame de Nadal, e ás 18:30 os concurso das Letras Galegas.
Saúdos,