Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro adía o pleno deste martes como sinal de apoio ao sector hostaleiro local

O Concello informou a través da alcaldesa, María Loureiro, a decisión de aprazar o Pleno Municipal previsto para este martes, ás 20:30 horas. Con elo, o executivo local quere mostrar o seu apoio ao sector da hostalería local, que se mobilizaou debido á redución da súa actividade tras as novas limitacións impostas polo Comité Clínico a pasada semana. Tras comentar o asunto cos demais voceiros municipais, existiu unanimidade ao respecto do aprazamento proposto polo goberno local, para poder deste xeito apoiar á hostalería na súa reivindicación.

Exit mobile version