Polo tanto, neste momento o goberno local está a traballar nesa cuestión, considerando que a Viveiro lle corresponde ese diñeiro. Actualmente, estase a analizar e valorar a maneira de que dita cantidade se poida recuperar e repercutir en Viveiro, no caso de que o recurso non resultara viable.
A inadmisión desta subvención deriva dunha diferente interpretación na tramitación de sectoriais, que deu lugar a esta circunstancia, unha cuestión que se escapa de calquera boa dilixencia coa que se poida gobernar, confiando na boa fe e en que poida solucionarse. O goberno local recalca que esta situación non se debeu polo tanto a unha presentación fóra de prazo, nin por desidia, senón que foi unicamente por uns criterios de interpretación. Polo tanto, ningunha subvención foi perdida no Concello de Viveiro por ningún tipo de neglixencia.
Polo tanto, o manifestado polo Partido Popular na súa nota de prensa está lonxe da realidade. A situación debeuse a que para dúas das sectoriais necesarias se interpretou que a súa tramitación debía ser por declaración responsable. Finalmente non foi así, derivando nunha tramitación mediante autorización sectorial.
Iso supuxo que, ao esixir ambos organismos a tramitación como autorización sectorial e non como declaración responsable, como se entendeu dende o concello, dende a Xunta de Galicia considerouse que non se cumpriran os prazos, ao esixir a orde que as autorizacións sectoriais debían estar tramitadas antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Non obstante, o Concello de Viveiro, coa debida dilixencia, tramitou dende un primeiro momento como autorización sectorial aquelas que así o precisaban, como é o caso da autorización da AXI. No caso das outras dúas, Augas de Galicia e Patrimonio entendíase que debían ser tramitadas como declaración responsable.
Patrimonio dende o primeiro momento esixiu a presentación como autorización sectorial e Augas de Galicia nunha segunda instancia, incluso dende que xa pasaran os 15 días de surtir eficacia a declaración responsable.
Estes dous feitos derivaron en que ao tramitarse finalmente como autorización se esixise por parte do órgano da administración convocante da subvención que esas autorizacións estivesen antes de finalizar o prazo de presentación.
Isto non quere dicir que o concello, tendo que tramitar esas autorizacións sectoriais antes de finalizar o prazo non o fixera por deixadez nin por deixar pasar os prazos, senón que todo derivou dunha diferente interpretación na forma da súa tramitación.
De tramitarse finalmente como declaracións responsables, que era como se entendeu dende este concello, non se incumpriría ningún tipo de requisito, posto que o requisito que esixía a orde de que as autorizacións sectoriais se obtivesen antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Asemade, o goberno local recorda que a resolución da subvención todavía non resulta un acto administrativo firme, senón que, aínda cabe un recurso contra ela, no que xa se está a traballar.
Así mesmo, o Concello de Viveiro está traballando co fin de que dende a Xunta de Galicia se reintegre e repercuta igualmente ese diñeiro que estaba previsto, posto que se trata dunha subvención finalista, na que estaba previsto un diñeiro específico para o municipio e as propias bases da orde establecen que pode volver a repercutir neste concello.
Dende o Concello de Viveiro fan fincapé no traballo actual e insisten en que non se perdeu ningunha subvención por “deixadez”, senón que esas circunstancias derivaron na inadmisión da solicitude presentada. Ademais, tamén recordan que a Xunta de Galicia, tendo en conta a finalidade, o carácter finalista dese diñeiro e o que establecen as propias bases, está habilitada para que ese diñeiro volva a repercutir no Concello de Viveiro.
Polo tanto, se isto non sucede, o goberno local afirma que será porque a Xunta de Galicia non ten vontade de solucionar o problema.