Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, acolle este venres unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento símil pedra

Ribadeo, 15 de xuño de 2021. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acollerá este venres, día 18, unha demostración sobre a aplicación dun novo revestimento simil pedra chamado Tor Piedra. Está organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil do centro e correrá a cargo de profesionais da firma Tor Pinturas.

Esta actividade está aberta ao público en xeral, pero é dirixida especialmente a traballadores do sector. Debido á pandemia a aforo está limitado a 50 persoas e polo tanto os interesados en participar teñen que inscribirse previamente chamando ao CIFP Porta da Auga (teléfono 982.128.894) ou en calquera das tendas de Tor Pinturas na Mariña.

Desde o departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Porta da Auga explican que “a actividade, que será eminentemente práctica, desenvolverase nunha nave cuberta pero aberta para garantir a seguridade fronte ao Covid dos asistentes”. E sobre o novo produto que se vai presentar destacan que “é para a decoración e acabado de edificacións, en imitación ás cores da pedra natural que temos na zona. Está elaborado cunha mestura de pvc e pintura, que require unha técnica para a súa aplicación; e isto é o que se vai explicar e ensinar na demostración deste venres”.

Ao rematar a actividade haberá un aperitivo para os participantes, que ademais recibirán obsequios.

Exit mobile version