A Mariña, xoves 24 de xuño. Diante dos continuos recortes en servizos sanitarios no Hospital Público da Mariña e diante do proceso de perda de servizos na atención primaria, o BNG sigue desenvolvendo iniciativas para poñer freo á liña desmanteladora do PP na sanidade pública.
Restablecer a atención sanitaria en quenda de tarde no Centro de Saúde de Burela
Así, o deputado Daniel Castro presentou unha proposta para restabalecer e garantir a atención sanitaria en quenda de tarde no Centro de Saúde de Burela, que está bloqueada desde hai quince días ainda que o problema vén desde hai tempo xa que hai uns meses trasladouse a un facultativo á quenda de mañá para cubrir unha baixa provocando que a atención polas tardes se reducise a dous días, feito que se agrava ao levar xa dúas semanas suspendidas as consultas de tarde, sen dar ningún tipo de explicacións a usuarias e usuarios. “Se a esto lle sumamos a absoluta falta de de vontade para aumentar a contratación de persoal sanitario para desprazados, compróbase claramente que temos unha comarca infradotada en servizos sanitarios públicos” afirmou Castro.
Mantemento do proceso completo do cribado do cancro de mama no Hospital da Mariña
Aprobouse tamén hoxe na comisión 5ª de sanidade a proposta nacionalista de instar á Xunta a manter o proceso completo do cribado do cancro de mama no Hospital da Mariña, tal como se veu facendo até o momento e sen realizar ningún tipo de derivación a outro hospital. Esta iniciativa do Bng foi presentada a raíz das queixas e demandas de usuarias e usuarios derivadxs ao HULA en casos coma o cancro de mama ou o cancro de colon nos que o proceso de cribado non se completaba no Hospital en Burela.
A aprobación da proposta do Bng saíu adiante por unanimidade despois dunha transacción entre as propostas dos grupos da oposición na que tamén se demandaba repoñer de xeito urxente as dúas prazas de radiólogos vacantes garantindo tamén a atención no propio Hospital da Mariña.
“Agardamos que o acordo acadado hoxe se faga efectivo o antes posible” concluíu Castro.