A portavoz de economía do BNG, Noa Presas afirma que a enerxía é “un ben de primeira necesidade” e ninguén pode ser condenado a vivir sen o acceso á enerxía eléctrica polo encarecemento do recibo. Resulta “inasumible e inxusto” que este dereito sexa gravado cun “tipo de interese dos máis altos”. A enerxía, recalca a deputada, “non é un luxo, é un dereito para vivir con dignidade”.
Ante a forte escalada da factura da luz “hai que tomar medidas” e nesa dirección vai a proposta do BNG e a revisión da tarifa eléctrica en función das diferentes tecnoloxías.
A rebaixa do IVE do 21% ao 4% debe ser abordada sen dilación como exixen as persoas consumidoras e o Defensor del Pueblo, reiterou Presas.
Por outra parte, a nacionalista lembra que o BNG reivindica unha “compensación para Galiza” como produtora neta de electricidade excendentaria e a “inmediata redución do IVE no recibo da luz” porque de non facelo, advirte a deputada, moitas familias terán aínda máis dificultades económicas para poder chegar a fin de mes.
A parlamentaria agarda o apoio do resto do resto das forzas políticas no Parlamento galego á proposta do BNG e como resposta á preocupación de moitas familias, negocios e pequenas e medianas empresas prexudicadas polas consecuencias da pandemia para que agora, dixo, teñan que asumir o incremento do recibo de enerxía cando as grandes empresas eléctricas recibe millonarios beneficios.