O rexedor municipal explica que “agora mesmo nesta estrada hai unha beirarrúa entre o punto inicial e o punto quilométrico 0+574, executada grazas a subvencións á asociación de veciños. Entre a beirarrúa actual e a que está en execución existe unha illa de 435 metros nos que non hai un paso axeitado para viandantes, por iso solicitamos á Xunta de Galicia que complete as beirarrúas en toda a lonxitude e que continúe na zona de vivendas cara a San Acisclo”.
Fran Cajoto engade que “queda pendente tamén, nesta caso na parroquia de Cangas, a terceira fase das beirarrúas na estrada Ferreira-Foz, que se solicitou en varias ocasións e tamén é competencia autonómica” e destaca que “a seguridade dos peóns e a mellora da accesibilidade é unha máxima deste goberno municipal”.