Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo horario da oficina de Información Turística de Alfoz

A Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá a partir do 4 de xuño os venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11.00 a 14.00h e en horario de tarde de 17.00 a 20.00h. Durante este tempo pódese visitar o Castelo de Castro de Ouro, no que actualmente hai unha exposición de pintura de Hipólito Xeada na primeira planta e na segunda planta as fotografías de Alfoz no outono. Disfrutar das magníficas vistas desde o alto do castelo e informarse dos recursos turísticos de Alfoz e da bisbarra na OIT.

Exit mobile version