Lugo, 5 de Xuño de 2021. A deputada de Medio Rural, do Mar e da Mocidade, Mónica Freire, aproveitou o Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño, para poñer en valor a campaña de sensibilización ambiental “Non tires nada, o mar comeza aquí” na que a institución provincial colaborou co concello de Ribadeo.
A iniciativa supuxo a sinalización de puntos estratéxicos da rede de saneamento da vila cun praca co lema “Non tires nada, o ma comeza aquí”, que trata de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de implicarse nunha xestión correcta dos residuos. En total, colocáronse 21 pracas en puntos estratéxicos sobre o pavimento das rúas.
A deputada provincial sinalou que “a iniciativa pretende consolidar na sociedade valores asociados ao coidado do medio, que afecta directamente ás condicións de vida das persoas no presente e no futuro. Con esta sinalización, mantemos unha chamada de atención permanente sobre unha cuestión que nos interpela a todas e todos”,e xpuxo.
Este ano o lema do día do Medio Ambiente é: Reimaxina, recrea, restaura. Restaurar ecosistemas significa previr, deter e reverter este dano, pasar de explotar a natureza a curala. No presente ano arranca o Decenio das Nacións Unidas sobre a restauración de ecosistemas (2021-2030), coa misión global de revivir miles de millóns de hectáreas, dende bosques ata terras de cultivo, dende o cumio das montañas ata as profundidades do mar. Só con ecosistemas saudables podemos mellorar os medios de vida das persoas, contrarrestar o cambio climático e deter o colapso da biodiversidade”, afirmou a deputada