As vistas desenrolaranse os mércores e venres ás 12h. nos meses de xullo e agosto. O lugar de saída das mesmas será o exterior da oficina de turismo a onde haberá que dirixirse previamente para apuntarse.
Estas percorrerán o centro da cidade e durarán arredor de 1h e 15minutos.
A persoa encargada de levar a cabo estas visitas será Abel Vigo García, Arqueólogo do Concello de Mondoñedo.
Esta actividade de visitas guiadas desenrolarase coas medidas anti-Covid 19 marcadas por sanidade e, na mesma, o número de persoas que poderá asistir a cada unha delas estará en función destas normas.
A reserva de prazas poderá facerse ata o mesmo momento de saída das vistas e tamén se poderá facer previamente no número de teléfono da Oficina de Turismo 982 50 71 77