Alfoz, 7 de xuño, 2021. Ludiverán-Xogando en Igualdade é o programa do Concello de Alfoz deseñado para as nenas e nenos nados entre 2009 e 2017 que este verán se levará a cabo tanto para favorecer a conciliación como para promover a igualdade en todas as actividades deportivas, lúdicas, educativas, etc. que se realizarán de luns a venres (laborables) de 10.00 a 13.00h desde o 5 de xullo ao 27 de agosto estruturado en 4 quendas quincenais.
O venres 11 de xuño convócase unha reunión informativa sobre o programa ás 20.00h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz.
As bases de participación, modelo de inscrición, prazos e lugar de entrega e demais información está dispoñible na nosa web: www.concellodealfoz.com na sección Actualidade/Novas.
Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).