Agora traballa no Centro de Formación do Profesorado de Lugo, na extensión de Burela motivo polo cal é a nosa Asesora TIC e axúdanos e oriéntanos cos Plans de Formación que facemos cada curso.
Impartiu para nós dúas charlas, a primeira titulada “O debate do X” para alumnado de 3º ESO e a segunda “Dime como falas e direiche de onde eres”. En principio pode sorprender unha matemática falando de dialectoloxía pero é que realmente esa fronteria que ás veces pensamos que existe entre as ciencias e as letras, non é tal. Están moito máis ligadas do que podemos imaxinar e Laura demostróunolo sobradamente.
Rematou ambas sesións permitíndolle ó alumnado empregar o teléfono para facer un “Mentimeter”. Debían describir cunha palabra a XXVI Feira da Ciencia e da Cultura. Para boa parte do alumnado resultou interesante, divertida e sorprendente. Alegrámonos de que tódalas actividades foran proveitosas e agradecémoslle a Laura o tempo que nos dedicou e o agasallo de papiroflexia feito por ella. Xa o collemos como idea para o vindieiro curso.