A Coruña, 18 de xuño, 2021. O delegado do goberno, José Miñones anunciou que a ministra de industria, comercio e turismo, Reyes Maroto, reunirase coa representación do persoal. “A ministra aceptará porque sempre estivo á beira dos traballadores, sempre atendeu ao colectivo e, por tanto, podo asegurar que imos ter esa reunión que están a pedir”, dixo.
“A Sepi non queda á marxe senón ao contrario: está máis implicada
que nunca. O que non pode facer a SEPI é ser o refuxio dunha
empresa que está a xogar co emprego de moitas familias e que quere
aproveitarse, ademais, da boa vontade e do esforzo que estamos
a ter as administracións”, agregou.
Respecto á situación actual, pediu a Alcoa que garanta o futuro ou que venda para poder manter o emprego. “Imos estar á beira dos traballadores, imos defender a actividade industrial e a SEPI vai estar aí para axudar, para colaborar, para acompañar e para mediar.
Pero está claro que hai empresas que están interesadas na compra e Alcoa o que ten que facer é seguir cun proxecto industrial que sexa solvente ou vender e irse e non enredar máis”, concluíu.