Lugo, 17 de xuño de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, insta a Alcoa a deixarse de excusas e de poñer pedras de poñer pedras no camiño, “a ver se dunha vez nos dá mostras de que é certo que actúa de boa fe e que está disposta a vender a fábrica de San Cibrao”.
Isabel Rodríguez, que participou hoxe nunha reunión telemática da Mesa de Alcoa, manifestou que “na reunión quedou demostrado, outra vez, o mesmo que se ven repetindo desde hai máis de un ano, a multinacional está máis interesada en enredar e distraer a atención que en buscar unha saída para a factoría”.
A subdelegada recordou que “o Goberno foi quen se encargou da busca dos compradores interesados aos que puxo en contacto con Alcoa para que negocien a venda, e mantén invariable o seu apoio para a que a operación de venda saía adiante”.
Rodríguez afirmou tamén que o Goberno de España “nunca se someterá á chantaxe dunha multinacional que só pretende aumentar o seu beneficio a costa dos cidadáns, eludindo as súas responsabilidades cos traballadores e coa comunidade, como quedou en evidencia en recentes sentenzas xudiciais que desenmascararon o seu comportamento”.
A subdelegada remarcou que “en contra da vontade de Alcoa, a empresa continúa aberta e ten futuro porque os traballadores tiveron sempre, e seguen a ter, o apoio do Goberno que se implicou desde o primeiro momento na busca de solucións a un conflito xerado na Mariña única e exclusivamente pola multinacional, a pesar de que ten recibido cuantiosas axudas de fondos públicos para desenvolver a súa actividade e conservar os postos de traballo en San Cibrao”.
SE NON QUERE SEGUIR QUE A VENDA
“Como sempre dixo o Goberno, en contra das reiteradas afirmacións de Alcoa, a fábrica de San Cibrao é viable e por iso son varias as empresas solventes e acreditadas que teñen interese en comprala e investir nela”, engadiu Isabel Rodríguez.
“O que debera facer Alcoa, posto que non quere seguir na Mariña, é vendela a algún dos candidatos que si están dispostos a manter a actividade industrial e os postos de traballo ”, concluíu a subdelegada.