O rexedor comentou que “atendendo a chamada para o día de hoxe, acabo de recibir a primeira dose da vacina contra o mal bicho que tanto cambiou as nosas vidas neste tempo”.
Suárez Barcia agarda que “o resto da poboación máis nova ca min a vaia recibindo nas vindeiras semanas. Só a ciencia, coma sempre, nos axudará a saír deste pesadelo. Seguimos”.
O alcalde aproveitou para facer unha chamada á responsabilidade da veciñanza: “os datos indican que seguen a baixar os contaxios a 14 días no noso concello. Non podemos baixar a garda, temos o verán á volta da esquina e todos e todas nos xogamos moito. Compre ir con coidado e respectando as medidas sanitarias en vigor en cada momento”.