Site icon Crónica3.com A Mariña

Este xoves preséntase en Ribadeo o libro ‘Historias de vida’

Ribadeo, 2 de xuño de 2021. Este xoves, 3 de xuño, ás 18:00 a Sala de Exposicións do Concello de Ribadeo acollerá a presentación do libro Historias de vida. Trátase dunha obra premiada no II Concurso de Ideas Luísa Villalta, de Proxectos Culturais pola Igualdade da Deputación da Coruña e que nace no marco de EspadELA, unha escola de apoderamento para mulleres do medio rural que Arabías S.Coop. Galega impulsa desde o ano 2018 na provincia da Coruña.

Historias de vida é unha publicación que parte das protagonistas, participantes de EspadELA, outorgándolles o seu espazo de recoñecemento para tecer relatos sobre o medio rural e as súas mulleres. O libro compila seis historias de vida de mulleres de Moeche, Vilarmaior, Arzúa, Irixoa e Frades, acompañadas dun traballo fotográfico elaborado por Lucía Catoira Pan.

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo, que preside Mari Luz Álvarez Lastra, colabora na organización deste acto xunto co Sindicato Labrego Galego e Arabías S. Coop Galega.

Exit mobile version