Viveiro, 28 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro lembra que o vindeiro xoves, 1 de xullo, retómase a celebración do programa estival de visitas guiadas, que se prolongará ata o 30 de setembro.
O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.
As actividades terán carácter gratuíto e levaranse a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade.
As visitas realizaranse integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, en cumprimento da normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reservar previamente chamando ao número de teléfono 634 631 461.
Calquera información adicional pode ser consultada no correo electrónico viveirovisitas@gmail.com