Mañón, 18 de xuño, 2021. Por unha banda, o concurso de debuxo foi organizado polo departamento de servizos sociais con subvención do pacto de estado dentro do programa de actividades de sensibilización e prevención da violencia de xénero. O alcalde, Alfredo Dovale fará entrega dos premios consistentes en un lote de libros con temática sobre igualdade e xogos educativos ao gañador de cada categoría: infantil, 1º unidade de primaria e 2ª unidade de primaria. Tamén entregará un lote para o colexio pola súa colaboración. Todo o alumando participante recibirá un agasallo pola súa participación no concurso consistente nunha libreta especialmente serigrafiada con motivo deste programa e rotuladores. Por suposto con diplomas para todos.
Ademais, o alcalde tamén fará entrega dun exemplar a cada neno dun libro. O libro, editado polo Concello de Mañón, foi elaborado polas nenas e nenos do CEIP Francisco López Estrada en colaboración coa Biblioteca Pública do Concello de Mañón.
Este curso celebramos o Día do Libro cunha actividade que consistiu en elaborar o noso propio libro: “AniGAL. Animais de Galicia”. Foi un traballo en equipo. A bibliotecaria do Concello proporcionounos láminas de diversos animais que podemos atopar nos nosos bosques, fragas, ríos, praias,… Os máis pequenos colorearon e tamén fixeron sinxelas investigacións.