Ambas convocatorias están ao amparo de Convenio de Colaboración subscrito entre a consellería do Medio Rural e o Concello de Viveiro para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.
A primeiras das convocatorias recolle a contratación de cinco traballadores (1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns), cunha duración do contrato de 3 meses.
A segunda convocatoria inclúe a contratación de 3 condutores de motobomba, cunha duración do contrato de 2 meses e medio.
As bases de ambos procesos están publicadas na páxina web do Concello (www.viveiro.es) e no taboleiro de anuncios dixital.