Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas medallas de prata e dúas dos atletas do C.D. Egovarros-Viveiro no Campionato Galego de milla de categoría Máster

Este domingo celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Milla en Ruta, onde se deu un novo paso cara a normalidade coa recuperación dos Campeonatos Galegos de Ruta.

A proba organizada pola Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Concello de Santiago resultou un éxito, dado a elevada participación de atletas nun día moi solleiro.

Os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro volveron a subir ó podium en distintas categorías. No apartado feminino, na categoría de W65, Begoña de Arriba, proclamouse subcampioa galega; a súa compañeira Susana Parguiña en W55, acadou o terceiro posto. Polo lado masculino, Domingo Álvarez, proclamouse subcampión galego na categoría de M65; e o seu compañeiro de club Jose Ángel López, fíxose coa medalla de bronce en M45.

Exit mobile version