Uxía é graduada en Belas Artes e Elisa en Bioloxía. Forman un equipo de 10; xa que as súas capacidades e paixóns compleméntanse totalmente.
Son apaixonadas da natureza, da fotografía e do traballo ao aire libre. Neste herbario, describen e identifican preto de 200 especies diferentes, froito dun intenso labor de campo que realizaron nos últimos meses durante a súa bolsa de formación e que irán completando para desfrute de todos/as.
É de agradecer que compartan os seus coñecementos e fascinación pola natureza e pola diversidade vexetal do Concello de Cervo.
Uxía e Elisa representan a esencia do programa de bolsas de formación remuneradas que ten en marcha o Concello de Cervo desde o ano 2013, unha importante aposta financiada integramente con fondos propios, que ten como obxectivo prioritario ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo.
https://cervariodixital.wixsite.com/herbario-dixital