
Viveiro, 2 de xuño, 2021. Tralo éxito da manifestación celebrada este martes, o presidente da Asoc. de hostaleiros Beiras de Viveiro, Domingo González, pasou polos micrófonos de Voces de Lugo e A Mariña para explicar o sentir do sector, que ve unha vez máis como son os primeiros afectados da situción pandémica na vila. O hostaleiro de Covas foi claro ó afirmar que non poden ser sempre os sinalados cando aparece un gromo. Con cinco peches nun ano, aforos limitados a terrazas, etc, a viabilidade da practicamente totalidade dos locais é imposible, engadiu.
Escoita aquí completa a conversa
https://go.ivoox.com/rf/70890018