Trátase dun programa de desenvolvemento infantil para fomentar o talento das nenas e dos nenos desde os 3 aos 13 anos (infantil e primaria), é un proxecto pioneiro na Comunidade Galega no que se traballan as intelixencias múltiples, a creatividade, a motivación e o traballo en equipo. O horario de apertura da escola é de 8 a 15 horas coa intención tamén de facilitar a conciliación laboral e familiar na época estival.