Site icon Crónica3.com A Mariña

Dez persoas asistiron o sábado en Ribadeo ao curso de diagnose de vehículos con osciloscopio, que organizou a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia dentro do programa de actividades para este verán

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, anunciaba hai uns días que “imos ter tamén tres cursos de soldadura: soldadura de electrodo revestido, soldadura mig mag e soldadura tig. Estamos programando ademais un curso de vídeo con varios niveis. Todos estes cursos son para un número determinado e reducido de persoas, cun máximo de doce. Vanse realizar os sábados, agás no mes de agosto que se pode facer algunha actividade pola semana, pero que aínda non está programada”. Os tres cursos de soldadura desenvolveranse en xullo os días 17, 24 e 31.

Exit mobile version