Os populares sinalaron que “vimos de coñecer a proposta de Ley da Formación Profesional porque é necesaria outra lei para arranxar o que se desfixo coa LOMLOE. E aínda así esta nova lei segue a mesma tramitación que a LOMLOE, é dicir, de costas ao profesorado e á comunidade educativa. Ademais, non lles foi remitida ás comunidades autónomas ata despois da súa aprobación polo Consejo de Ministros malia que son as que xestionan esta competencia”.
Os populares explicaron que “a LOMLOE non integra directamente aos profesores que non son licenciados, así non poderán acceder profesores técnicos ao corpo de secundaria que conten con diplomaturas universitarias ou equivalentes e tampouco aqueles que non teñan un título de grao posterior ao 19 de xaneiro de 2021, data na que entrou en vigor a LOMLOE. Son situacións que preocupan e comprometen enormemente ao profesorado, que queda nunha situación de debilidade por parte da LOMLOE”.
Os populares puxeron en valor o traballo que desenvolven os centros de Formación Profesional como demostra o feito de que nos últimos anos se incrementou a súa matrícula e avanzaron que seguirán apostando por liderar a mellor formación posible para acceder a un posto de traballo e garantir un sistema educativo de calidade”.
Así mesmo, lembraron que en xaneiro defenderon no Parlamento galego que “todo o profesorado técnico de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario”. Os populares demandaron ao Ministerio de Educación que “adopte as medidas oportunas que corrixan o erro cometido na LOMLOE, algo que a Consellería xa solicitou tamén ao Goberno central”.
Melloras educativas
Vega subliñou que “a lei se fai de costas aos interesados”, e defende “o traballo conxunto coa comunidade educativa”; así coma “a mellora da calidade do emprego, tal e como a garante a Formación Profesional”.
Nesa liña, asegura o popular que “o noso Grupo Municipal está en contacto co profesorado e o equipo directivo do centro” e avanza que “traballaremos reivindicando a súa mellora e o incremento das súas especialidades”. A este respecto, lembra que “xa se dotou ao Centro de Capacitación Agraria Pedro Murias dun novo ciclo do ámbito forestal”.