Segundo os datos facilitados polo SERGAS no día de onte, en Viveiro continúa a haber 28 casos de COVID-19, diagnosticados nos últimos catorce días.
Á espera da publicación da orde da consellería de Sanidade, segundo vén sendo habitual, está previsto que estas novas medidas teñan efecto a partir deste sábado.
En todo caso, o Concello de Viveiro fai fincapé na necesidade de seguir cumprindo as medidas establecidas, con responsabilidade e prudencia.
O goberno local espera que a cidadanía sexa prudente co fin de que a situación epidemiolóxica continúe mellorando e evitar a propagación do virus.