Viveiro, 9 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa que na reunión do comité clínico do SERGAS, celebrada no día de onte, se acordou o paso do Concello de Viveiro ás restricións de nivel medio. Este cambio nas medidas sanitarias prodúcese dúas semanas despois de que o municipio entrara ao nivel alto.
Segundo os datos facilitados polo SERGAS no día de onte, en Viveiro continúa a haber 28 casos de COVID-19, diagnosticados nos últimos catorce días.
Á espera da publicación da orde da consellería de Sanidade, segundo vén sendo habitual, está previsto que estas novas medidas teñan efecto a partir deste sábado.
En todo caso, o Concello de Viveiro fai fincapé na necesidade de seguir cumprindo as medidas establecidas, con responsabilidade e prudencia.
O goberno local espera que a cidadanía sexa prudente co fin de que a situación epidemiolóxica continúe mellorando e evitar a propagación do virus.