Neste 2021, celébrase o quinto aniversario do Proxecto, que, a través da mobilización cidadá, regresará aos espacios naturais para retirar todos aqueles refugallos que nunca deberon chegar aí.
O PROXECTO LIBERA CHEGA A CERVO:
Sábado 12 de xuño. 12h. Punto de encontro: Praia de Rueta. Farase unha limpeza da praia e da contorna do Río Xunco ao mesmo tempo que se recollerán datos sobre o tipo e a cantidade de lixo presente nestes espazos naturais. Subministrarase no punto de encontro todo o material necesario para levar a cabo a actividade. Seguiranse rigorosamente todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19
Información: medioambiente@concellodecervo.com