Durante o acto, que tivo lugar no patio do centro, recibiron diplomas, orlas, birretes e bandas de graduación. Despois recitaron unha poesía para os familiares que asistiron á celebración. As súa titoras, Mónica e Fani, destacaron o traballo deste alumnado que para setembro xa será de Primaria e desexáronlles sorte na nova etapa.
