Os populares lamentan “a imposición” dos socialistas e critican “a súa falta de talante democrático”. “O certo é que non nos sorprende”, afirman tendo en conta que, previamente á postura amosada no Senado, a ministra de Facenda xa explicara que exercería o seu dereito a veto, ao ser unha medida que afecta ás competencias do Executivo.
Tanto a presidenta como o senador lucense non dubidaron en trasladar o apoio da formación que representan a este colectivo, indicándolles que están dispostos a participar en todas as reivindicación que fagan. “O PSOE estaos abandonando de forma descarada e iso non o podemos permitir”, salientan.
“Xiro inxustificado”
Os populares denuncian “o xiro inxustificado” dos socialistas, xa que se aprobara a baixada de 11 puntos, Facenda deixaría de ingresar 400 millóns de euros polo imposto en cuestión, pero traduciríase nun impacto económico moito maior porque estas empresas verían aumentada a súa actividade, o que supón, engaden, “máis traballadores cotizando, menos desemprego e menos Ertes”.
O sector das perruquerías facturou en 2019 4.000 millóns de euros, o 0,36% do PIB. A cifra reduciuse un 40% en 2020 e, debido a elo, un 50% das 20.000 empresas que existen en toda España atravesan momentos críticos. Con este escenario, e logo do veto do Partido Socialistas, a recuperación económica para este colectivo será moito máis complicada.