Será de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, “co obxectivo de facilitar en maior medida a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais”, apunta a alcaldesa, María Loureiro. Proximamente publicaranse as bases de selección e a apertura do prazo de presentación de solicitudes. É unha das apostas importantes do equipo de goberno, que continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, do entretemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.