O responsable da Escola ribadense, Hugo García, explica que “se fará de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola. No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.
García subliña que “ademais da abanico habitual de materias que a EMMeD ofrece, este curso como novidade, engádense dúas novas: ukelele e danza de adultos. Foron numerosas as persoas que foron preguntando por estas disciplinas e finalmente decidimos engadilas dentro do catálogo de materias do centro”.