“Cremos que, grazas á colaboración do Goberno galego, Ribadeo dá un paso importante á hora de facer xestións relacionadas co urbanismo da zona vella da vila. Esta era unha vella demanda da entidade local, polo que, unha vez máis, se pon de relevo que a Xunta de Galicia cumpre con Ribadeo, cumpre co Concello e cumpre cos ribadenses”.
Neste senso, Vega pon en valor “a vontade colaboradora” da administración autonómica, demostrando “unha gran sensibilidade coas necesidades que lle plantexamos desde Ribadeo”.
Con esta medida, a entidade local poderá desenvolver urbanisticamente as bolsas de chan existentes. Trátase, en definitiva, apunta Vega, ´”de mellorar o núcleo histórico, preservando o patrimonio que temos e de dotarnos da base legal necesaria para elo”. E é que, ata o de agora, o casco vello estaba regulado por un BIC (Ben de Interese Cultural), que limitaba a rehabilitación. “Revitalízase esta zona, respectando o noso pasado e o legado co que contamos dende a época medieval”, precisa.
Con todo, o voceiro popular advirte que o Concello deixou cinco bolsas de chan se incluír, polo que insta ao rexedor nacionalista a completar este proceso para “dotarnos da base xurídica necesaria e que se fai imprescindible para a rehabilitación do noso casco histórico”.