Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia a Semana Santa de Viveiro e avanza coas confrarías en proxectos para reforzar a súa difusión

11,45 h.- O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, reunirase co presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga Golpe.
foto xoán crespo
09/06/2021

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2021. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo hoxe un encontro co presidente da Xunta de Confradías de Semana Santa de Viveiro, José Veiga, para seguir avanzando na dinamización desta celebración, que conta desde 2013 coa declaración como Festa de Interese Turístico Internacional. No encontro abordouse tamén a posta en marcha dun proxecto que ofreza información permanente sobre a Semana Santa de Viveiro no Claustro da Igrexa de San Francisco, que funcionaría coma un museo temporal.
O Goberno galego apoia o traballo das confrarías galegas para manter as tradicións e que convivan co presente, ao tempo que se converten, coma neste caso, en importantes reclamos turísticos ao atraer cada ano a centos de visitantes para participar nas numerosas procesións e actos relixiosos. A Xunta mantén así o seu compromiso coas celebracións da comunidade pola súa capacidade para potenciar os valores que diferencian a Galicia como destino turístico. No caso das declaradas de Interese Turístico reciben ademais apoio económico por parte da Administración autonómica para colaborar na súa difusión.

Exit mobile version