Ademáis, dende hai un ano, coordina o Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 no que participan neurocientíficos que analizan cómo lle afecta o coronavirus ó cerebro e ó sistema nervioso.
Non só falou sobre a covid e os danos neurolóxicos a longo prazo, senón que ilustrou no tema das probas, das vacinas e contou que no seu día a día, ademais de coordinar o seu propio equipo de investigación, pensa novos proxectos e sobre todo, busca financiación para poder facelos realidade. Reflexionou sobre a importancia da cooperación internacional a nivel científico, asegurando que a pandemia servirá de punto de inflexión para que os países dediquen maiores presupostos á investigación, e insistiulle ó alumnado en que o esforzo e a motivación son a clave para chegar lonxe, e decidir persoalmente o seu futuro apoiados iso si, polas súas familias.
A conferencia resultou un éxito e estará enlazada en breve na web.