Cervo, 29 de xuño, 2021. A Ministra de industria, Reyes Maroto, viaxará a EEUU para acelear o proceso de venda de Alcoa. Así llo comunicou este martes ao comité de empresa. Antes, a vindeira semana, celebrarase unha nova xuntanza coa Xunta, sindicatos e comité de empresa para marcar unha folla de ruta. Sobre a intervención da Sepi, o comité sigue insistindo na súa necesidade para evitar unha venta en falso como sucedeu nas plantas da Coruña e Avilés.
Pola súa banda, o delegado do goberno, José Miñones, quen tamén participou da xuntanza, insistiu en que “Lo que tenemos que forzar es que Alcoa venda y lo haga a un buen comprador porque los hay, a diferencia de Alu Ibérica, porque hay empresas industriales con garantías y que conocen el negocio. Y podríamos estudiar cómo favorecer la compra”