Seguindo a orde do día, analizouse a situación das vítimas de violencia activas no Concello de Viveiro para detectar necesidades e coordinar recursos.
Así mesmo, analizouse a coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local tras a incorporación desta ao Sistema Viogem de protección de vitimas de violencia.
Propúxose a actuación da mesa local a través de comisións de traballo con cada axente social para dar maior operatividade a dita mesa.
Deuse conta do informe semestral de actuación do Centro de Información ás Mulleres de Viveiro.
Finalmente, no punto de rogos e preguntas, por parte dos representantes do Xulgado, presentouse un rogo solicitando a remisión dun escrito dende o Concello de Viveiro á Consellería de Política Social sobre a pauta a seguir para atención a menores en casos de violencia doméstica.
Coa celebración desta nova Mesa Local o Concello de Viveiro continúa coa súa implicación na loita contra esta lacra.