A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica que “o alumnado realizou parte da súa Formación en Centros de Traballo en Galicia e reservaron estes últimos quince días do seu período de prácticas para complementar cunha beca Erasmus no estranxeiro. Durante todo este período están acompañados polo profesor Xosé Ríos”. Estas mobilidades están enmarcadas dentro do programa KA102 FAE, concedido ao IES de Foz en xuño de 2019.