Burela, 22 de xuño, 2021. Daniel Piqueras Valle e Jorge Quelle Gómez, son os 2 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano.
Daniel Piqueras Valle : 9.640/10 – 13.640/14
Jorge Quelle Gómez: 9.340/10 – 13.19/14
O director do centro, Santiago Pérez Docobo, atribuíu este éxito ao esforzo e á constancia nos estudos do alumnado ao longo destes últimos dous anos particular por mor da COVID 19, e do bo facer do profesorado do centro.
Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” organizan o Acto de Recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, é dicir aquel estudantado que acadou unha Nota de Acceso á Universidade de 9 ou máis.
Este acto terá lugar o xoves, día 24 de xuño, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC a través da canle USC TV ou na canle de Youtube da USC.
Poderase seguir o acto por streaming a través da canle Youtube da USC na dirección: https://youtu.be/TkMbtPmsXLo
O director do centro comprácese deste recoñecemento ao que se suma toda a comunidade educativa.