Viveiro, 12 de maio, 2021. A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua celebrará, o vindeiro 20 e 21 de maio, o I Encontro de Confrarías e Irmandades. Este foro celébrase co obxectivo de pór en común, dialogar e debatir sobre algúns aspectos das celebracións de Semana Santa e Pascua, dende a visión das Irmandades e Confrarías, protagonistas destas celebracións e da súa preservación e continuidade. Aspiran igualmente a sementar novas bases para afrontar, dunha maneira colaborativa, o futuro das nosas tradicións, a súa conservación e sostibilidade no tempo.
En palabras da presidenta da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, Rosario Andújar, “este foro pretende contribuir a un mejor conocimiento de los valores de este extenso legado, vivo en una gran parte de Europa. Un legado que combina notables diferencias locales, con su amplia difusión como elemento común de muchas regiones”. Para Andújar, “Las comunidades portadoras articuladas a través de las Hermandades y Cofradías son una pieza clave que nos muestra el gran trasfondo y riqueza social que mantienen vivas estas tradiciones”.
De inscrición de balde, o evento celebrarase en formato virtual e incluirá un total de catro mesas redondas que terán lugar os citados días en horario de 19:00 a 21:00 horas, e no que participará José Veiga Golpe, presidente da Xunta de Cofradías de Semana Santa.
O prazo de inscrición para a participación remata o vindeiro 14 de maio e pode realizarse a través da web https://encuentrodehermandades.eu/#register
A Rede Europea de celebracións de Semana Santa e Pascua creouse en 2019 e dela forman parte a Fundación Italiana Federico II, en representación dos municipios de Palermo e Caltanissetta, de Sicilia (Italia); o municipio de Birgu en Malta; a Comisión de Cuaresma e Celebracións da Semana Santa de Braga, en Portugal; as Representacións da Paixón de Cristo en Skofja Loka, Eslovenia; os municipios que forman parte da ruta Camiños de Paixón: Alcalá la Real en Jaén, Baena, Cabra, Lucena, Priego de Córdoba e Puente Genil en Córdoba e Carmona, Écija Osuna e Utrera en Sevilla. También dentro da xeografía española atopamos a Orihuela en Alicante; Lorca en Murcia e Viveiro en Lugo.