Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro contará con ordenanza reguladora do uso dos viais municipais para a saca de madeira

Viveiro, 5 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa que na sesión plenaria que tivo lugar onte, 4 de maio, aprobouse inicialmente a Ordenanza reguladora do uso común especial dos viais municipais para a saca de madeira.

Tras a súa aprobación inicial, publicarase o correspondente anuncio de información pública no Boletín Oficial da Provincia para que, durante un prazo de trinta días hábiles, calquera interesado poida presentar reclamacións ou suxerencias.

No suposto de non presentarse ningunha reclamación ou suxerencia entenderase aprobada definitivamente.

Esta ordenanza, aprobada por unanimidade, ten como finalidade velar pola debida conservación dos viais de titularidade municipal, en relación coas danos e desperfectos que poden sufrir os mesmos como consecuencia das operacións de saca de madeira, comprendéndose dentro desta as operacións preparatorias da corta de madeira, corta, almacenamento e transporte, así como as operacións preparatorias, preparación, almacenamento e transporte da biomasa ou restos xerados pola corta.

Resulta tamén prioritario o interese en protexer ás persoas, vivendas e outras edificacións nos supostos de incendios forestais; e para iso é esencial que os viais de acceso ás zonas forestais se atopen sempre en perfecto estado.

Conscientes da importancia do sector forestal, pero tamén da incidencia que esta actividade pode ter na conservación e mantemento das infraestructuras viarias de titularidade municipal, esta ordenanza pretende facer compatible a actividade de aproveitamento forestal coa preservación do medio natural, a protección paisaxística, a conservación dos camiños e a seguridade vial, regulando o uso especial dos viais de titularide municipal para a saca de madeira.

Para isto, a ordenanza establece o procedemento a seguir para tramitar e obter as autorizacións necesarias para a realización desta actividade no termo municipal de Viveiro.

Exit mobile version