O voceiro popular e deputado autonómico participou na visita do conselleiro de Medio Rural, José González, ao centro de capacitación agraria Pedro Murias de Ribadeo onde se está a desenvolver un ciclo formativo de FP Dual do ámbito forestal e onde presentou o vídeo de promoción do rural, “O rural que existe e avanza”, no que participan representantes e exalumnos do centro e produtores e empresas da zona.
Vega destaca que “esta visita amosa o apoio da Xunta de Galicia a Ribadeo, ao rural e ao centro de Pedro Murias” para o que augura “mil primaveras máis en apoio ao rural e a súa economía”. O voceiro do Grupo Municipal Popular puxo así en valor “tanto ao centro coma a toda a formación que imparte de cara á profesionalización e á competitividade do sector lácteo, o sector cárnico ou da horta”.
Apoio á horta e á asociación A Sucadoira
O popular puxo como exemplo do seu apoio ao sector da horta a colaboración que están a prestar dende o Grupo Municipal á asociación A Sucadoira que “traballa e impulsa o sector da horta e reforza, sen dúbida, a economía”. A colaboración céntrase na formación e a promoción dos produtos de calidade da horta ribadense.