Jorge Díaz dixo: “desde o Concello valoramos positivamente recibir estas bandeiras azuis un ano máis. E tamén queremos felicitar ao Club Náutico de Ribadeo pola súa e polo traballo que realizan”.
O edil ribadense subliñou que “estamos contentos por recibir estes galardóns. A ver cómo se presenta este verán, cunha porcentaxe importante da poboación vacinada, pero no que deberemos seguir actuando con responsabilidade e seguindo todas as normas que marquen as autoridades sanitarias”.
Díaz Freije engadiu: “os areais ribadenses estarán preparados para recibir aos visitantes, contarán con servizo de socorrismo, de limpeza, etc… todo o que esixen tanto Bandeira Azul como a Q de Calidade Turística. Neste momento estamos pendentes de coñecer cantos socorristas nos subvencionará a Xunta de Galicia para planificar a tempada de verán deste 2021”.