Ribadeo, 26 de maio, 2021. Como saben os veciños o dia 27 de Novembro de 2019 o Parlamento Asturiano aprobou por unanimidade unha “Proposición No de Ley” do grupo Parlamentario Popular na que instaba ao goberno autonómico a recoller toda a información histórica para acreditar o uso da fórmula “Ría del Eo” e solicitar ao Instituto Geográfico Nacional a sua equiparación á denominación oficial e tradicional “Ría de Ribadeo”. Asemade en abril de 2021 a D.G. de Política Llingüistica do Principado de Asturias informou de que tiña rematado o informe de antecedentes históricos requerido polo Parlamento Asturiano e viña de remitirlo ao Instituto Geográfico Nacional. Deseguido o Instituto Geográfico Nacional abriu un período de consultas e alegacións para que as partes interesadas puidesen aportar os informes que considerasen oportunos.
Neste contexto un grupo de antigos membros da Plataforma pola Defensa da Ría tomamos o acordo de diríxirnos os Instituto Geográfico Nacional solicitando ser admitidos como parte interesada neste expediente promovido pola Dirección General de Política Llingúistica do Principado de Asturias e onte recibimos a resposta afirmativa e mais a documentación que inclue o informe da devandita D.G. de Política Llingüistica.
Con esta nota so pretendemos informar aos veciños e veciñas de Ribadeo e demais lectores e lectoras e ofrecer a información que precisen ademais de recoller as suxerencias ou opinións que estimen oportunas. Ao mesmo tempo temos que notificar que presentaremos un informe ca documentación dispoñible nos nosos arquivos.
As persoas que promovimos esta iniciativa somos @s seguintes:
Dña. María Luisa Mon Bellón
D. Roberto Rodríguez Rodríguez
D. Miguel Angel Gutiérrez Sampedro
Dña. Rocío Martínez García
D. José María Lombardero Rico (Secretario)
D. Evaristo Lombardero Rico (Presidente)
Pd.: Temos que pedir disculpas a outr@s membr@s da Plataforma pola Defensa da ría por non ter contactado con el@s pero estamos moi acoutados de tempo. Grazas.