O coordinador de deportes, Tito Suárez, quixo animar aos deportistas e coñecer de preto as súas inquedanzas; así coma calquera outra necesidade que se lles presente de cara á súa práctica deportiva. Tamén “entregamos sudaderas e mascarillas coas que completar o seu equipamento deportivo”, despois de facer as xestións oportunas ante a Xunta de Galicia.
O popular defende “o deporte base, como non podía ser doutro xeito” e avanza que “seguimos traballando nesa liña”.