Ribadeo, a 8 de maio de 2021. Os representantes do Grupo Municipal Popular xa teñen amosado en distintas ocasións o seu apoio ao deporte no municipio e, con motivo da volta á competición en categoría nacional dos rapaces das categorías alevín e infantil do Club de Remo Ribadeo, trasladan os seus bos desexos de cara á cita desta fin de semana, a Copa Primavera 2021 que se celebra en Castrelo de Miño.
O coordinador de deportes, Tito Suárez, quixo animar aos deportistas e coñecer de preto as súas inquedanzas; así coma calquera outra necesidade que se lles presente de cara á súa práctica deportiva. Tamén “entregamos sudaderas e mascarillas coas que completar o seu equipamento deportivo”, despois de facer as xestións oportunas ante a Xunta de Galicia.
O popular defende “o deporte base, como non podía ser doutro xeito” e avanza que “seguimos traballando nesa liña”.