Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Trabada este sábado con “A aldea das mullleres”, de Tarabela Creativa

Carmen Conde protagoniza esta función na que as historias se encadean mentras a narradora debulla fabas. Mentres ela vai debagando historias con ese poder simbólico que ten “buscarse os feixóns” constrúe a aldea das mulleres con relatos das habitantes, que rexen o seu destino, teñen as súas leis, viven emancipadas e tallan en pedra ornamentada os seus nomes para a Historia. E como fío conductor unha legume chea de supersticións, maldita, cargada de ánimas, empregada para a xustiza, como afrodisíaco e como o único alimento para roer en tempos da fame. A cita é ás 19h na Praza do Concello.

Exit mobile version