Susana Seivane naceu en Barcelona no ano 1976, é a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia.
Comenzou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas,conseguíu o respeto a admiración do mundo da gaita tradicional en Galicia. Un estilo xenuíno que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetizalo estilo “enxebre” dos antergos gaiteiros. Mais ela tamén é que de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi movos que aportan frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.
A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición , son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira.
Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana dos temas recollidos no disco, durante cada noite do confinamento. Inconscientemente, a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo tratallo discográfico.
O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas , Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro , Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades .