O Concello de Cervo ten aberto o prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso para o curso 2021-2022 da Escola Infantil Municipal, que conta con 53 prazas. As familias teñen ata o vindeiro 18 de Xuño para formalizar a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello.