Ourol, 19 Maio, 2021. Pasadas as 14:30 horas deste mediodía, os servizos de emerxencias confirmaron ao 112 que o corpo do varón xa fora rescatado do acantilado.
Cómpre sinalar que o cadáver do home foi atopado, sobre as 11:00 horas desta mañá, na beira do río, nunha zona de difícil acceso, moi abrupta, no lugar do Carme, por uns operarios que traballaban na zona, por iso, foi precisa a intervención dos Bombeiros de Viveiro para levar a cabo o rescate.
Con todo, non foi ata ben pasadas as dúas e media desta tarde, cando os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil confirmaron a recuperación do corpo.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, o home, veciño do municipio de Ourol, faltaba da súa casa desde as seis horas da tarde pasada, cando saíra a pescar.
Desde esta mañá, cando o 112 Galicia foi informado da desaparición polos membros de Protección Civil da localidade, púxose en marcha un operativo de busca guiado pola Garda Civil e que se centrou nos arredores do lugar de Vilares, na parroquia de Merille.
O finado é José Ramón Casabella Chao. Natural Ourol e de 64 anos, unha persoa moi querida na zona, pois ó fronte de Espectáculos Rego, contrataba orquestras e impulsou moitas festas e verbenas en numerosas parroquias de Ourol, O Vicedo, O Valadouro, Xove ou Muras